Benvid@s a tódolos nenos e nenas ó noso blog adicado ó conto musical Pedro e o Lobo de Sergei Prokofiev.


Queremos contaxiarvos a nosa ilusión neste concerto didáctico e compartir con vos a marabillosa música que Prokofiev compuxo para tódolos nenos e nenas.





jueves, 1 de abril de 2010

CONCERTO PARA TOD@S

Moitos dos nenos e nenas de Ferrolterra asisteredes a este fantástico espectáculo cos vosos colexios. Para aqueles nenos e nenas, pais e nais, avós e avoas…que queirades seguir disfrutando coa historia de Pedro e o Lobo, quedades convidad@s ó concerto do sábado 17 de abril ás 12:00 da mañá no auditorio do CMUS Xan Viaño de Ferrol.




Eiquí tedes o precioso cartel que deseñou Rocío, alumna de María Salas no "CS de Deseño e Produción Editorial" do IES de Leixa de Ferrol.

1 comentario:

  1. Parabéns polo blog e moitísima sorte no concerto do día 17....... sen dúbida será todo un éxito!! unha aperta

    ResponderEliminar