



Nesta selección de vídeos, Bernstein explica algúns movementos da sinfonía nº 1 (obra para orquestra con varias partes) de Sergei Prokofiev.
Especial agradecemento para Federico que abandonou a súa intensa actividade, para asisir a este concerto:



Para os nenos do Cruceiro de Canido e de Eladia Mariño, o público do segundo concerto de hoxe, o máis chamativo foi os debuxos animados do gato...E que ten unhas cores...!Para nós foi unha delicia ver a moitos nenos e nenas tocando o seu piano invisible; imitando os acenos e movementos das nosas pianistas...e o máis fascinante: o seu palmeado seguindo perfectamente o tempo na marcha triunfal, a petición de Pedro.
Que músico non disfrutaría tocando para este público?




Prokofiev sempre estivo interesado en compoñer música para contos infatiles. Escribiu a música para un ballet no que bailase a Cincenta.
Un ano antes da creación de Pedro e o Lobo, Prokofiev compuxo a música para o ballet de Romeo e Xulieta, a gran historia de amor de William Shakespeare, que leva case 500 anos emocionándonos. Esta si que é unha historia de amor... ACTUALIZACIÓN:
Agradecemos á nosa amiga Tesla o seu comentario no que suxire un vídeo de patinaxe artístico sobre xeo dos franceses Maria Anissina e Gwendal Peizerat coa que obtiveron a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Nagano de 1998. A música é do Romeo e Xulieta de Prokofiev.
Grazas, Tesla.


Neste vídeo escoitaredes de novo a Marcha Triunfal de Pedro e o Lobo, mais sen narración!
Saberedes imaxinar en que orde desfila cada personaxe?.
Quen pensaría en Pedro feito de plastilina?
E Pedro dentro dunha caixa de música?
Existiron moitas versións de Pedro e o Lobo representadas con títeres. Eiquí un exemplo:
Curiosas interpretacións...
Esta versión pode deixarvos abraiados! A moitos nenos e nenas gústavos o beatboxing, é dicir, a percusión coa boca...Atención ó frautista!
Ata unha coñecida marca de bebidas, quixo facer a súa homenaxe a Pedro e o Lobo nun dos seus anuncios
Como tod@s sabemos, Pedro e o Lobo é unha obra na que cada personaxe está representado por un instrumento ou unha agrupación distinta:
O paxaro pola frauta; o pato polo oboe; o gato polo clarinete; o avó polo fagot; o lobo por tres trompas, Pedro pola orquestra de corda e os cazadores polos timbais e o bombo.
No noso concerto, a versión interpretada será nun único instrumento: o piano. Un piano do que brotarán melodías de miles de cores, sabores e formas grazas ás mans das pianistas Lidia Espido e Alexandra Pita Evia.
Eiquí deixamos un estupendo fragmento duns nenos tocando o piano a catro mans desta mesma obra.
Eiquí tedes o precioso cartel que deseñou Rocío, alumna de María Salas no "CS de Deseño e Produción Editorial" do IES de Leixa de Ferrol.
Tamén formará parte deste conto Serxio Cobos; un bailarín que fará voar a nosa imaxinación poñéndose na pel de Pedro.
E aínda máis…!O escenario do auditorio do Conservatorio convertirase estes días nun marabilloso bosque de bonitas cores…grazas ás mans de Francisco Rodríguez Cendán na decoración e da escenografía de Luis García Ramos.